Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2011/91-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: ampliación potencia C.T. continente 32CR71.

Situación: Barbadás.

Características técnicas: ampliación de potencia C.T. continente (32CR71) alimentado por la L.M.T. BBA805 Valenzá, 5 entre o C.T. Tomás Rodríguez Punxín de 1.000 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 16.661,67 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta jefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 7 de novembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense