Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2011/88-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Diexporsa, S.A.

Domicilio social: predio Areal, s/n, 32911 San Cibrao das Viñas.

Denominación: L.M.T. e C.T. para depósito comercial de explosivos no lugar da Louxeira.

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15 kV de 2.478 m con condutor LA-56 e orixe na L.M.T. existente do expediente 1492-A.T., e remate no C.T. proxectado intemperie A Louxeira de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 26.676,32 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 27 de outubro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense