Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración, en concreto, de utilidade pública e a aprobación do proxecto de execución da planta de Biomasa Vilalba-Lugo (expediente IN407A 2010/111-2 7806 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Decreto 149/2008, do 26 de xuño (DOG n.º 141), polo que se regula o procedemento de autorización das instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir da valoración enerxética da biomasa forestal primaria na Comunidade Autónoma de Galicia; no Real decreto 3275/1982, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación e no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, sométese a información pública a petición da autorización administrativa, declaración, en concreto de utilidade pública e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Peticionario: Xeración Rural, S.L.

Domicilio social: Rúa dos Carros, P-14 P.I., O Ceao, 27003 Lugo.

Situación: Vilalba (Lugo).

Características técnicas principais da central termoeléctrica de biomasa forestal:

– Equipamento principal (segundo o ciclo de Rankine):

• Caldeira de biomasa de vapor de grella móbil.

• Grupo turboxerador eléctrico, de vapor a condensación, de 10 MW de potencia nominal, a 6 kV.

• Aerocondensador.

• Depósito de condensación.

• Desgasificador térmico.

• Prequentador de auga.

– Equipos de transformación e de control:

Un transformador principal de 13,5 MVA, refrixeración de aceite ONAN, e conexión Ynd11 para elevar a tensión de xeración desde 6 kV a 20 KV, e un transformador para servizos auxiliares de 2 MVA, refrixeración natural, conexión Dyn11 e relación de transformación 6/0,42 kV. Celas e aparellos de protección, regulación, mando e control.

– Outras instalacións industriais:

Recepción, almacenaxe e tratamento de biomasa, pesaxe, ponte guindastre, tratamento de gases, depuración de auga, electricidade en baixa tensión, iluminación (interior, exterior, de emerxencia e de sinalización), aire comprimido, sistema de protección contra incendios, rede de postas á terra, abastecemento de auga sanitaria, saneamento, climatización, instrumentación e control.

Finalidade da instalación:

Xeración de enerxía eléctrica a partir de biomasa forestal primaria.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE n.º 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, con enderezo na rolda da Muralla n.º 70, 27071 Lugo, no prazo dun mes a partir da última publicación. Tamén poderán facelo, no mesmo prazo, no Concello de Vilalba.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puider realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de novembro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome, apelidos e enderezo

Afeccións

N.º predio

Polígono

Parcela

m2 pleno dominio

5

63

607

Monte Cabrón

Pasto arbustivo

Manuel Prieto Pereira

25, Rue Rouget de Lisle, 34200 Sète (Francia)

2.473

7

63

609

Monte Cabrón

Pasto arbustivo

David Cillero Febreiro

Rúa de Río Chamoso, 6-4.º, 27002 Lugo

5.076

Ana María Cillero Febreiro

Avenida das Américas, 107-5.º B, 27004 Lugo

Roberto Cillero Febreiro

Rúa San Bernardo. Edificio Magnolia, 2-5.º, 11207 Algeciras (Cádiz)

Emilia Hermida Vidal

Avenida da Coruña, 36-6.º D, 27003 Lugo

Representante Nelly Cillero Hermida (mesmo enderezo)

10

63

613

Monte Cabrón

Pasto arbustivo

María Antonia Rubiños Miragaya

Rúa Aragón, 2, baixo esquerda, 33401 Avilés (Asturias)

3.804

Josefa Rubiños Miragaya

Rúa Narváez, 2-5.º D, La Luz, 33403 Avilés (Asturias)

Pilar Rubiños Miragaya

Rúa González Valdesuso, 10, 27800 Vilalba (Lugo)

María Rubiños Miragaya

Rúa González Valdesuso, 15, 27800 Vilalba (Lugo)

María Ermitas Rubiños Miragaya

Rúa Óscar Nevado Bouza, 17, 27800 Vilalba (Lugo)

María Carmen Rubiños Miragaya

Lugar de Coto, 13, parroquia de Mourence, 27820 Vilalba (Lugo)

Jesús Rubiños Miragaya

Rúa Calvario, 18, 27800 Vilalba (Lugo)

Guillermo Rubiños Miragaya

Rúa (ou grupo) As Fontiñas, bloque 1, portal 3-1.º dereita, Vilalba (Lugo)

Jesús Rubiños Cabarcos e María Ana González Hermida

Rúa Calvario, 18, 27800 Vilalba (Lugo)

Manuel Prestes Rubiños

R/ Alfonso I, 1-4C, Piedras Blancas, 33450 Castrillón (Asturias)

Alberto Prestes Rubiños

Avenida de Venezuela, 49, Chafiras, 38639 Santa Cruz de Tenerife

Juan Carlos Prestes Rubiños

Travesía de la Depuradora, 8-3.º D, 33402 Avilés (Asturias)

Dolores Prestes Rubiños

Rúa Amistad, 48-1.º esq., 33402 Avilés (Asturias)