Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vila de Cruces (expediente IN407A 2011/285-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Adif - Administrador de Infra. Ferroviarias.

Domicilio social: r/ Sor Angela de la Cruz n.º 3, planta 8, 28020 Madrid.

Denominación: C.S. e L.M.T.S. de acometida ao C.T. do edificio técnico de control de señalización 09 PCA Río Deza do tramo Ourense-Santiago de Compostela do corredor norte-noroeste de alta velocidade.

Situación: Vila de Cruces.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor R.H.Z.1 de 602 metros de lonxitude, con orixe no C.S. proxectado e final no centro de transformación do edificio técnico de control de señalización 09 PCA Río Deza do tramo Ourense-Santiago de Compostela do corredor norte-noroeste de alta velocidade situado en Vila de Cruces. Centro de seccionamento en edificio prefabricado, situado nas proximidades do C.T. Outeiriño-Losón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de novembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra