Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación fotovoltaica de 429,9 kW no concello da Coruña (expediente IN408A 5/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Invest Cost, S.A.

Domicilio social: r/ Copérnico, 7, 2.º, local A-2, 15008 A Coruña.

Denominación: instalación solar fotovoltaica de 429,9 kW conectada á rede.

Situación: cuberta do centro comercial Marineda City, en avenida Baños de Arteixo, 81, A Coruña.

Características técnicas:

Instalación solar fotovoltaica de 429,9 kW de potencia nominal (504,240 kWp), con 2.101 módulos de 240 Wp, 4 inversores de 100 kW e 1 inversor de 29,9 kW e equipamento de protección e medida en baixa tensión.

2 centros de transformación situados sobre cubertas dos núcleos n.º 3 e n.º 5, tipo seco, de potencias unitarias 250 kVA, relación de transformación 15-20/0,420 kV, e celas de liña e protección.

Liña de media tensión a 15 kV, cunha lonxitude de 186 m, en canalización soterrada e montantes, conductor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×95 mm2 Al), con orixe no centro de transformación situado no núcleo 3 e final no centro de seccionamiento situado no núcleo 7, no soto-1.

Liña de media tensión a 15 kV, cunha lonxitude de 464 m, en canalización soterrada y montantes, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×95 mm2Al), con orixe no centro de transformación situado no núcleo 5 e final no centro de seccionamiento situado no núcleo 7, no soto-1.

Centro de seccionamiento de tipo interior, situado no núcleo 7 no soto-1, equipado con 3 celas de liña de entrada, 1 de saída, 1 de medida e 1 de protección.

Conexión do centro de seccionamento coa rede de distribución de Unión Fenosa Distribución, S.A., en nova cela a equipar no CS 15CGHJ, GRN715, mediante conductor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×400 mm2Al), cunha lonxitude de 15 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de novembro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña