Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

CÉDULA do 30 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura e Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ourense, 30 de novembro de 2011.

Gerardo Pumar Pumar
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café-Bar Garden.

Titular: Rubén Hermida Isla.

Enderezo: estrada de Ourense n.º 14.

Concello: O Carballiño.

Resolución: 16.9.2011.

Establecemento: Shambala.

Titular: Ángel Lorenzo Pereira.

Enderezo: lugar As Ferreiras.

Concello: Riós.

Resolución: 16.9.2011.

Establecemento: Bar-Club Caribe.

Titular: Eulogio Múñoz Polo.

Enderezo: rúa Padilla n.º 3.

Concello: Ourense.

Resolución: 16.9.2011.

Establecemento: Bar-Club As de Corazones.

Titular: Bernardo Fernández González.

Enderezo: rúa Padilla n.º 5.

Concello: Ourense.

Resolución: 16.9.2011.

Establecemento: Café-Bar Latino.

Titular: Javier Sal Suárez.

Enderezo: avda. de Madrid n.º 42.

Concello: Xinzo de Limia.

Resolución: 16.9.2011.

Establecemento: Restaurante Centro.

Titular: Josefa Rodríguez Méndez.

Enderezo: rúa Seoane n.º 3.

Concello: Larouco.

Resolución: 19.9.2011.