Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37055

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2011, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se declaran definitivas as relacións provisorias de aptos e non aptos.

Publicadas o 18 de novembro de 2011 as relacións provisorias de aptos e non aptos correspondentes ás probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante Resolución do 26 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia n.º 112, do 13 de xuño), e unha vez transcorrido o prazo de presentación de reclamacións, o tribunal designado para cualificar as ditas probas

ACORDA:

Primeiro. Declarar definitivas as relacións provisorias de aptos e non aptos.

Segundo. Expoñer as ditas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución da convocatoria.

Terceiro. Remitir á Dirección Xeral de Mobilidade a relación definitiva de aprobados; todo isto coa finalidade de que, tras o aboamento das taxas legalmente establecidas, se proceda á expedición dos correspondentes certificados de conselleiros de seguridade.

Cuarto. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Transcorridos tres meses desde a presentación do referido recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2011.

Xosé Lluis Fernández Suárez
Presidente do tribunal