Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Solidariedade na contribución para o mantemento dos servizos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Núm. de expediente: 5/2011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Solidariedade na contribución para o mantemento dos servizos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 101, do 26 de maio de 2011.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trescentos oitenta e un mil trescentos cincuenta e cinco euros con noventa e tres céntimos (381.355,93 €), IVE excluído.

5. Formalización.

a) Data: 25 de novembro de 2011.

b) Contratista: Verve Audiovisual, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trescentos oitenta e un mil dous centos trinta e nove euros con corenta e nove céntimos (381.239,49 €), IVE excluído.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda