Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37088

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de decembro de 2011 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Presentada a renuncia por catro membros titulares e suplentes do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xullo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 144, do 28 de xullo, que foi nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 (DOG núm. 224, do 23 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada polos seguintes membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos:

– Tribunal titular:

Presidencia: Antonio López Blanco, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Vogal: Néstor Rodríguez Arias, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Mateo Maigler Ojea, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Vogal: Sonia Sánchez Carbajales, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Segundo. Nomear os seguintes membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, en substitución daqueles cuxa renuncia se acepta:

– Tribunal titular:

Presidencia: Gerardo Pallares Sánchez, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Vogal: Alfonso Tenorio Aranguren, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Amaia Sarraeta Andueza, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogal: Luis García Alonso, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda