Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37085

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de novembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 14 de setembro de 2011.

Por Orde do 14 de setembro de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 186, do 28 de setembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 14 de setembro de 2011 e designar os/as funcionarios/as cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar os postos que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e a base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, deseguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO

– Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Víctor Manuel Martínez Lago.

Número de rexistro de persoal: 3281439446 A207F.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura do Servizo de Fiscalización e Contabilidade II.

Nivel: 28.

Código: FCC030001815770012.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: Valentina Ledo Vázquez.

Número de rexistro de persoal: 7662321768 A207F.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura do Servizo de Fiscalización e Contabilidade.

Nivel: 28.

Código: FCC030001915770005.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Datos do funcionario:

Nome e apelidos: José Luis Pereira Álvarez.

Número de rexistro de persoal: 3278209424 A207F.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: interventor habilitado.

Nivel: 28.

Código: FCC030003036560005.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Vigo.

– Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: María José Villaverde Gómez.

Número de rexistro de persoal: 3330170057 A207F.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura do Servizo de Custos de Persoal.

Nivel: 28.

Código: FCC040000415770005.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Orzamentos.

Localidade: Santiago de Compostela.