Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 15 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican o acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-007/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 15 de novembro de 2011.

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-007/11.

Nome: Julio Benito Rascado Hermida.

Enderezo: rúa Alemania, núm. 53, 4.º B, Monte Porreiro, Pontevedra.

Asunto: notificación do acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-007/11.

Recursos: de conformidade co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, que se contará a partir do seguinte ao da publicación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes, e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretendan valerse. Poderá tamén recoñecer expresamente a súa responsabilidade mediante a entrega das chaves da vivenda.

Advírteselles aos interesados que, de non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución.