Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37090

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 25 de novembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo en Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas a esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. As retribucións fixas do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente. Respecto das retribucións variables serán establecidas de acordo co cumprimento anual de obxectivos previamente pactados para cada posto directivo cos órganos competentes do Servizo Galego de Saúde.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, no das súas xefaturas territoriais ou en calquera das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, ademais de nas oficinas previstas no artigo 38.4.º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do anexo II, un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que nel aleguen.

Cuarto. Cumpridos os trámites previstos no dito decreto, a resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderase declarar deserto o cargo directivo ofertado.

Quinto. Consonte cos artigos 59 e 60 do citado Decreto 206/2005 a forma de provisión da praza ofertada será o nomeamento de carácter administrativo para o persoal estatutario ou funcionario con vínculo de fixeza ao servizo de calquera Administración pública, pertencente ao grupo de clasificación que se corresponda co nivel académico que se require para cada posto directivo e que se especifica para o posto relacionado no anexo I. No resto de supostos a vinculación formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2011.

M.ª Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Denominación do posto: director/a económico/a-administrativo/a.

Titulación requirida: licenciado/a universitario/a ou título equivalente.

Entidade: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

ANEXO II
Modelo de solicitude

DATOS PERSOAIS:

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Data de nacemento

Domicilio, rúa e n.º

Provincia

Localidade

Teléfono

NO CASO DE PRESTAR SERVIZOS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA:

Vínculo xurídico

Categoría profesional

Situación administrativa

Destino actual

SOLICITO:

Posto

Centro

DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.