Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-PES-80/2011-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para lle notificar por comparecencia o acordo adoptado no expediente citado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial, sita na rolda da Muralla n.º 70-baixo 1.º de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 17 de novembro de 2011.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-PES-80/2011-V.

Interesado: Hidroeléctrica del Cadagua, S.A.

Acto notificado: iniciación.