Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentadas as notificacións persoais dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa do Servizo Xurídico.

As comparecencias deberanse efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos, 3.º andar, ala sur (A Coruña), en horario das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.

A Coruña, 23 de novembro de 2011.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Denunciado: Evaristo Abeleira Souto.

Acto de notificación: requirimento Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Denunciado: Jorge Guitián Naya.

Acto de notificación: requirimento Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.