Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-PO-0046/2011-RE.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento SAN-PO-0046/2011-RE.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no edificio administrativo San Caetano s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2011.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0046/2011-RE.

Interesado: Alfredo Vázquez González.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Porta do Sol, 27, 36156 Lérez, Pontevedra.