Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 21 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lle dá publicidade ao inicio de catro expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos da comisión provincial do 26 de maio de 2011.

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór a disposición dos interesados os expedientes para que consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, situado na rúa Concello,11, 32872 Ourense (teléfono 988 38 66 51/52).

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, para o cal fará uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Ourense, 21 de novembro de 2011.

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Campos García Jordi. Rúa Ourense, 3-2.º C, Verín (Ourense).

NIF: 34631738V.

Importe: 204,00 euros.

Curso: 2010-2011.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesado: De Oliveira Espinoza, Diana Carolina. Avda.Celanova, 116-1.º F, Barbadás (Ourense).

NIF: 44499010J.

Importe: 408,00 euros.

Curso: 2010-2011.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesado: Montero Cid, Bianca. Rúa Emilia Pardo Bazán, 93-1.º A, Allariz (Ourense).

NIF: 44661640X.

Importe: 967,00 euros.

Curso: 2010-2011.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesado: San Primitivo Rodríguez, Jesús. Praza da Lexión, 9-3.º B, Ourense.

NIF: 45142645Q.

Importe: 408,00 euros.

Curso: 2010-2011.

Causa: 1.1. Baixa no centro.