Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 37009

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamarín

ANUNCIO de modificación puntual do planeamento xeral no núcleo de Delvezón.

Aprobada inicialmente polo Concello Pleno, en sesión do 28 de novembro de 2011, a modificación puntual do planeamento xeral no núcleo de Delvezón, por instancia de Isaías Pérez Prieto, e de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 e pola 2/2010, sométese á información pública polo prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no DOG e nos xornais La Región e La Voz de Galicia, computando o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, co fin de que se poida examinar o seu contido e presentar as alegacións ou observacións que se consideren convenientes.

Queda suspendido o outorgamento de licenzas dentro do ámbito afectado (grafado nos planos da documentación da modificación), isto é, o núcleo rural de Delvezón, a suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a dita aprobación, e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva da citada modificación.

Vilamarín, 29 de novembro de 2011.

Amador Vázquez Vázquez
Alcalde