Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 37007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

CORRECCIÓN de erros. Anuncio de ficheiros de datos do Verbum.

Corrección do anuncio publicado no DOG núm. 181 o mércores 21 de setembro de 2011, páx. 27918: «Anuncio de ficheiros de datos do Verbum».

Aplícase a información publicada no dito anuncio, segundo o artigo 20 da Lei orgánica 15/1999. A creación de ficheiros de datos do Museo Verbum-Casa das Palabras:

Usuarios do Museo, cuxa finalidade é a prestación de servizos de comunicación de novas actividades. Contén datos de usuarios do museo obtidos por medio dunha ficha e proporcionados polo propio usuario. Neste ficheiro incluiranse nomes de usuarios, teléfonos e enderezos de correo electrónico.

Control de accesos, cuxa finalidade é a de controlar as persoas que acceden ás zonas do museo non abertas ao público. Contén nomes de persoas que acceden ao museo. Estes datos recóllense de forma verbal e anótanse nunha ficha de acceso.

Comunicación, cuxa finalidade é a de informar os nosos colaboradores da programación do museo. Contén datos de contactos do museo proporcionados polo propio usuario. Neste ficheiro incluiranse nomes, teléfonos e enderezos de correo electrónico.

Imaxes tomadas nas actividades do museo, cuxa finalidade é a de difusión das actividades do devandito museo. Contén imaxes gravadas co permiso previo dos participantes nas actividades.

Recursos humanos, cuxa finalidade é a de elaboración de perfís de persoal, xestión do persoal e prevención de riscos laborais. Contén datos proporcionados polos traballadores do museo. Neste ficheiro incluiranse nomes, DNI, números da seguridade social, datos académicos, teléfonos e enderezos de correo electrónico.

Todos os ficheiros de datos do Museo Verbum-Casa das Palabras teñen un nivel de seguridade básico.

O Museo Verbum-Casa das Palabras non realiza cesión de datos contidos nos seus ficheiros.

Vigo, 28 de outubro de 2011.

Isaura Abelairas Rodríguez
Concelleira delegada de Cultura, Festas e Políticas do Benestar