Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 37006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO do trámite de información pública da aprobación inicial da proposta de convenio urbanístico de xestión entre o Concello e Dolores Fernández de la Mora y Mon e Federico Curt Martínez.

A Xunta de Goberno Local, mediante os acordos núms. 9414 e 9514, adoptados nas sesións dos días 26.7.2011 e 22.8.2011, acordou aprobar inicialmente a proposta de convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Poio e Dolores Fernández de la Mora y Mon e Federico Curt Martínez, asinada polos interesados o 21.4.2010. Este convenio sométese á información pública polo prazo de 20 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra estes acordos pódese, directamente no prazo dun mes desde a notificación, interpor o recurso potestativo de reposición perante a Alcaldía, de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, consonte o establecido nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De interporse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo establece o artigo 117.2 da antedita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendendo rexeitado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 43.2 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999; entón, as persoas interesadas poden interpor o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de 6 meses contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente rexeitado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente consonte dereito.

Poio, 25 de agosto de 2011.

Luciano Sobral Fernández
Alcalde