Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 37002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación do servizo de mantemento dos xardíns e espazos exteriores dos centros de educación infantil (referencia M-16/2011).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: M16/2011.

2. Obxecto do contrato: mantemento dos xardíns e espazos exteriores dos centros de educación infantil e primaria do Concello da Coruña.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 58.000 euros anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2.º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finaliza ás 13.00 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que deben presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de decembro de 2011.

Rosa M.ª Gallego Neira
Tenente alcalde de Contratación