Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1075/2010).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1075/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Borja Pérez Clutaro contra la empresa Transjessi Galicia, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Borja Pérez Clutaru, con DNI 47372772V, contra a empresa Transjessi Galicia, S.L., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 2.002,73 euros, polos conceptos reclamados.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 150 euros preceptivas para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transjessi Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2011.

O secretario xudicial