Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2011 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación do contrato do servizo de auscultación e vixilancia das presas de Cecebre, As Forcadas, Eiras, Baiona e O Con (A Coruña e Pontevedra), de clave OH.188.317.SV.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: servizo.

d) Obtención de documentación e información.

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

  • Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=24

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

  • A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira n.º 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.eposh@xunta.es
  • A copistaría Copynino na rúa dos Feáns n.º 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

  • Descrición e lugar de execución: auscultación e vixilancia das presas de Cecebre, As Forcadas, Eiras, Baiona e O Con (A Coruña e Pontevedra).

Número de expediente: OH.188.317.SV.

Orzamento base de licitación: importe neto: 82.243,28 euros. Importe total: 97.047,07 euros.

Valor estimado do contrato: 164.486,56 €.

Prazo de execución (meses): doce (12).

Admisión de prórroga: si, posible ata un máximo de doce (12) meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica y profesional: acreditarán as súas solvencias polos medios establecidos nos artigos 64.1 a) e 67 a), b) e e) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4. do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 5.2. do cadro de características do contrato.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 11 de xaneiro de 2012.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira n.º 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B o 23 de xaneiro de 2012 ás 10.00 horas e a apertura do sobre C terán lugar na data e hora que se notificará aos licitadores, por fax ou por calquera outro medio admitido, e se publicará no perfil do contratante con dous días hábiles de anticipación á súa realización.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

9. Outras informacións.

  • CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.
  • Melloras: admítense nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
  • Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifique, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
  • Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.
  • Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
  • Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares e na Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos