Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, da subministración enerxética prestacional e servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (AB-CHS1-12-001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 981 95 02 60.

5. Telefax: 981 95 09 85.

6. Correo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-CHS1-12-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración enerxética prestacional e servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Domicilio: Complexo Hospitalario Universitario-A Choupana, s/n.

2. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución: oito anos, computados unha vez transcorridos 30 días naturais desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 09.31.00.00-5, 09.12.30.00-7, 09.13.40.00-7, 34.91.30.00-0 e 50.53.00.00-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Valor estimado do contrato: 46.595.591,36 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 46.595.591,36 euros. Importe total: 54.982.797,84 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): 500.000,00 €.

Definitiva: cinco por cento do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 70.º día natural contado desde a data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Correo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): –.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: –.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) A data e a hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: ver pregos.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 30 de novembro de 2011.

12. Outras informacións: –.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2011.

Rosa Bermejo Pareja
Xerenta de Xestión Integrada de Santiago de Compostela