Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36884

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN 12/2011 do 21 de outubro, da Xerencia do Hospital do Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de persoal licenciado sanitario, xefe da Sección de Radioloxía.

Convocada pola Resolución 5/2011, do 18 de abril (Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 26 de maio), a provisión do posto de persoal licenciado sanitario, xefe da Sección de Radioloxía do Hospital do Salnés, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade do 15 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 188, do 30 de setembro),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver, unha vez publicadas as listas definitivas de admitidos e excluídos e rematado o prazo de presentación de reclamacións, declarar deserta a convocatoria pública para a provisión do posto de persoal licenciado sanitario, xefe da Sección de Radioloxía do Hospital do Salnés, convocado pola Resolución 5/2011, do 18 de abril (Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 26 de maio) por non concurren nos candidatos os criterios de admisión para participar no dito proceso.

Segundo. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vilagarcía de Arousa, 21 de outubro de 2011.

Bibiano Justo Fernández-Arruti López
Xerente do Hospital do Salnés