Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de cociña-comedor na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Servizo de Contratación.

2.º Domicilio: edificio administrativo San Caetano, n.º 5-2.º.

3.º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4.º Teléfono: 981 54 49 90 - 981 54 40 46.

5.º Telefax: 981 54 40 47.

6.º Correo electrónico: manuela.rodriguez.perez@xunta.es

7.º Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17006

8.º Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2011-14-608.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo, de servizo.

b) Descrición: servizo de cociña-comedor na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (A Coruña).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Ferrol (A Coruña)

e) Prazo de execución: estenderase desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 13 de xullo de 2012.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPA (referencia de nomenclatura): 56.29.20.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: un único criterio, o prezo.

4. Valor estimado do contrato: 70.370,37 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto total: 70.370,37 euros. Importe total: 76.000 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: as solvencias acreditaranse segundo o establecido nas letras F e G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará aos oito (8) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: en papel.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura do sobre B en acto público.

b) Dirección: Consellaría do Mar. Edificio administrativo San Caetano, 5-2.º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 1.c) 7) deste anuncio.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellaría do Mar