Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de transporte de usuarios ao centro de día As Gándaras (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70 baixo.

3. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4. Teléfono: 982 29 41 01.

5. Fax: 982 29 49 74.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

7. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) N.º de expediente: 38/2011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de transporte de usuarios ao centro de día As Gándaras (Lugo).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: centro de día As Gándaras (Lugo).

e) Prazo de execución: 1 ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 60140000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: trinta e un mil douscentos euros (31.200,00 €).

IVE (8%): dous mil catrocentos noventa e seis euros (2.496,00 €).

Importe total: trinta e tres mil seiscentos noventa e seis euros (33.696,00 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70 baixo.

3. Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: xefatura territorial.

b) Enderezo: rolda da Muralla, 70 baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas.

e) Hora: ás 10.00 horas.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

10. Outras informacións: véxanse os pregos.

Lugo, 28 de novembro de 2011.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo