Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións relativo ao expediente TR347E 2007/15-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70-baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 21 de novembro de 2011.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR347E 2007/15-2.

Nome: Recambios Ceta, S.L.

DNI/NIF: B-27032812.

Último enderezo coñecido: rúa Río Navia, 47-baixo, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a traballadora contratada ao abeiro deste programa, por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1 do anexo E da Orde do 29 de maio de 2007 pola que se establecen as obrigas das empresas beneficiarias.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.