Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2011/220-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: C.D. e L.M.T. reordenación na vila do Porriño.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

– L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.Z.1, estruturada nos seguintes tramos:

• 654 metros; orixe: C.D. proxectado; final: L.M.T.S. ao C.T. praza de Abastos.

• 263 metros; orixe: C.D. proxectado; final: L.M.T.S. ao C.T. rolda do Louro, 4.

• 442 metros; orixe: C.T. Xogo da Ola 5; final: L.M.T.S. ao C.T. Manuel Rodríguez, 114.

• 88 metros; orixe: tramo ATI73101070; final: tramo ATI726022.

• 220 metros; orixe: C.D. proxectado; final: L.M.T.A. ATI7330052.

– Centro de distribución con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte en SF6.

A instalación está situada no Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 18 de novembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra