Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Coles (expediente IN407A 2011/84-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento estrada Vilarchao-Peares.

Situación: Coles.

Descricións técnicas:

– L.M.T. aérea a 20 kV de 158 m VLL810, con derivación ao C.T. existente fábrica de mobles Cosman (32PY36), con condutor LA-56 e orixe no poste B3 L.M.T. Vilarchao (32C916) (expediente 2007/254) e remate no poste B4 L.M.T. Lavandeira (32AGC3) (expediente 2007/277).

– L.M.T. VLL810 con derivación ao C.T. existente Vilarchao bombeo (32PG24) a 20 kV de 91 m, con condutor LA-110 e orixe no poste 163-A49 L.M.T. Vilarchao (32C916) (expediente 2007/254) e remate no poste 163-A49A L.M.T. Mira de Coles (32ABP1).

– L.M.T. subterránea VLL810 de 91 m a 20 kV de 20 m, con condutor R.H.Z.1 e orixe no poste B3 L.M.T. Vilarchao 32C916 (expediente 2007/254) e remate na L.M.T. ao C.T. fábrica de mobles Cosman (32PY36).

Orzamento: 17.751,26 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 26 de outubro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense