Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2010/197).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: r/ Ribera del Loira, 60, 28042 Madrid.

Denominación: reforma do C.T. do campo de deportes.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: instalación de aparellaxe de media e baixa tensión consistente nun conxunto de celas de media tensión compactas (2 celas interruptor-seccionador e 2 celas interruptor-fusible) e tres cadros de baixa tensión con interruptor manual de corte en carga.

Reformas na obra civil do local do centro de transformación, situado en edificio independente, con dous transformadores, un transformador de potencia 800 kVA, con relación de transformación 6/0,4-0,23 kV, e outro transformador de potencia 400 kVA, con relación de transformación 6/0,4 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de outubro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña