Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, do servizo consistente no apoio ás tarefas de mantemento microinformático para a Consellería de Economía e Industria (expediente 01/12 SX).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4.º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 981 54 55 22, 981 54 55 23.

5) Telefax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 01/12 SX.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: a execución das prestacións consistentes no apoio ás tarefas de mantemento microinformático para a Consellería de Economía e Industria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: 18 meses que se contarán desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Subhasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 192.600 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto 192.600 euros. Importe total 227.268 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo V, subgrupo 5, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: oficina do Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano.

2. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).

a) Descrición:

– Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

– Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

– Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e dos sobres C.

10. Gastos de publicidade: 10,82 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17034

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 30.4.2009; DOG n.º 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria