Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización para o aproveitamento de recursos da sección A Piedras Alvarellos en Cabana de Bergantiños.

Miguel Ángel Alvarellos Eiroa solicitou autorización para o aproveitamento de recursos da sección A no lugar da Fervenza, A Paradoa, parroquia da Silvarredonda, concello de Cabana de Bergantiños, na provincia da Coruña. A solicitude, nomeada Piedras de Alvarellos, para a explotación de pedra destinada ao revestimento de fachadas e outros usos, foi inscrita co número 165 no Rexistro Mineiro da Coruña.

Esta solicitude debe someterse a información pública segundo establecen o artigo 5.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), e o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG número 109, do 6 de xuño).

A solicitude, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración están a dispor dos interesados para a súa consulta polo prazo de trinta días hábiles, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña.

As posibles alegacións presentaranse nese mesmo prazo e dirixidas a esta xefatura territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 3 de novembro de 2011.

P.A. (Artigo 39 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial