Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2011/257).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L.

Domicilio social: rúa Linares Rivas, 44, 21 C, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. a 20 kV e C.T. Pena Porreira e Fraga dos Cregos.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 2,5515 km, con condutor R.H.Z.1-2OL-18/30 kV 2×(3×(1×240) mm2 Al, con orixe na saída de reserva do novo punto fronteira en Sa (coordenadas U.M.T., X: 588.826, Y: 4.812.012) (expediente IN407A 2011/253), entrando e saíndo do C.T. Pena Porreira proxectado (coordenadas UTM, X: 587.826, Y: 4.811.046) e con final no C.T. Fraga dos Cregos proxectado (coordenadas UTM, X: 589.024, Y: 4.810.838).

– Centro de seccionamento e transformación (C.T.) Pena Porreira prefabricado, composto dun transformador de potencia de 100 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, así como das seguintes celas: cela de liña de entrada, cela de liña de saída, cela de protección de transformador e dúas celas de liña de reserva.

– Centro de seccionamento e transformación (C.T.) Fraga dos Cregos prefabricado, composto dun transformador de potencia de 100 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, así como as seguintes celas: cela de liña de entrada, cela de protección de transformador e unha cela de liña de reserva.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de outubro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña