Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36881

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011, do tribunal nomeado pola Orde do 11 de maio de 2011 para cualificar o proceso selectivo de ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, pola que se dá publicidade á relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 2 de decembro de 2011, o tribunal designado pola Orde do 11 de maio de 2011 (DOG n.º 95, do 18 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, de conformidade co disposto na base IV.2,

Acordou:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De acordo coa dita base, os aspirantes dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do día da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base.

Segundo. Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que os aspirantes que figuren nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Terceiro. Contra esta resolución, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

Rosa Elvira Fernández González
Presidenta do tribunal

Anexo

N.º

NIF

Apelidos e nome

1.º exer.

2.º exer.

3.º exer.

4.º exer.

Total

1

76580162Y

Veiguela Fernández, Noa

51,70

67,33

60,00

Exenta

179,03

2

44489593A

Fernández González, Lucía

51,70

51,33

52,00

Exenta

155,03

3

76927671P

Martín Vila, María

40,00

52,67

54,67

Exenta

147,34