Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36883

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 16 de novembro de 2011 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011.

A conselleira de Facenda ditou resolución estimatoria do recurso de reposición presentado contra a Resolución do 16 de novembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo).

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, modifícase a Resolución do 16 de novembro de 2011 no sentido de:

Primeiro. Incluír na relación definitiva de aspirantes admitidos no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, a seguinte aspirante:

NIF: 52453087-T.

Apelidos e nome: Rodríguez Penas, Irene.

Quenda: libre.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública