Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36878

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de decembro de 2011 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 24 de outubro de 2008.

En virtude da Orde do 24 de outubro de 2008 (DOG núm. 211, do 30 de outubro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística.

Mediante a Resolución do tribunal do 10 de novembro de 2011 (DOG núm. 220, do 17 de novembro) publicouse a relación de aspirantes que superaron o dito proceso selectivo.

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron este proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 24 de outubro de 2008, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos pequeno número 2 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela) o día 16 de decembro de 2011 ás 11.00 horas.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo desta orde. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os ditos postos, sempre que reúnan as condicións exixidas neles.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. Os aspirantes que soliciten ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo –redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro)– deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición coa que presta servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Grupo

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Formación

Observacións

1

ICC070000115770037

CU

Inspector de Turismo

22

A2

S. X. de Ordenación do Turismo

Dirección Xeral de Turismo

Santiago de Compostela

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

2

ICC991000015001317

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

3

ICC991000015001318

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

4

ICC991000027001311

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

5

ICC991000032001309

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

6

ICC991000032001310

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

7

ICC991000032001312

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

8

ICC991000036001306

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

9

ICC991000036001307

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

10

ICC991000036001309

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

11

ICC991000036001311

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial