Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36880

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 754/2011 MM, interposto por Carlos Santos Guerrero.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 754/2011 MM, interposto por Carlos Santos Guerrero, contra as resolucións do 19 de maio de 2011, da conselleira de Facenda, polas que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 17 de febreiro de 2011, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Orde do 26 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 3 de xullo), pola que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e o recurso de reposición formulado contra a Orde do 15 de marzo de 2011 pola que se nomean funcionarios/as do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola quenda de promoción interna.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública