Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0065-2006.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na praza de Luís Seoane, s/n, edificio administrativo Monelos 3.º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 15 de novembro de 2011.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: INC-CO-0065-2006.

Denunciado: David Veiga Pita.

Acto de notificación: proposta de resolución.