Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador ICA-LU-0028/2010-PC.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-LU-0028/2010-PC.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, situadas na rúa do Camiño Francés n.º 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento integro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia poderá a interesada interpor recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2011.

Alejandra Álvarez de Mon Rego
Directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

ANEXO

Expediente n.º: ICA-LU-0028/2010-PC.

Denunciado: José Ramón Díaz Pérez.

Último enderezo coñecido: rúa Xudán 40, 27720 A Pontenova (Lugo).