Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de soporte do software de xestión de procesos da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (expediente 01/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: 01/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de soporte do software de xestión de procesos da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: véxase punto 7) do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 72.000,00 €, mais 12.960,00 € que corresponden ao IVE, o que supón un total de 84.960,00 €, que se distribuirán en tres anualidades:

2012: 27.000,00€ + IVE (4.860,00€) = 31.860,00 €.

2013: 36.000,00€ + IVE (6.480,00€) = 42.480,00 €.

2014: 9.000,00€ + IVE (1.620,00€) = 10.620,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17030

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, de 9.00 ata as 14.00 h.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase punto 15) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa ao sobre número 2 (Documentación relativa aos criterios avaliables matematicamente mediante fórmulas) indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica