Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública dun almacén de praguicidas.

DG Salgado, S.L., entidade representada por Alberto Pérez Fontán, solicitou licenza municipal de actividade para almacén de praguicidas (epígrafe 612.2), que se situará na avda. de Pontevedra, 96-Rubiáns. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de actividades clasificadas do Concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 14 de novembro de 2011.

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente