Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle POL-15 Neira Vilas-As Viñas (expediente FG n.º 579).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 2 de novembro de 2011, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle POL-15, Neira Vilas-As Viñas, en Perillo, e fíxose constar a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 11.11.2011.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén se poderá interpor o recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no número 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formular a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1) e 105.2) da dita lei.

Oleiros, 11 de novembro de 2011.

Ángel García Seoane
Alcalde-presidente