Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36662

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (570/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 118/2011.

Procedemento ordinario 570/2010.

Pontevedra, vinte e sete de xuño de dous mil once.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, vistos estes autos de xuízo ordinario 570/2010, seguidos neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, representada pola procuradora Alejandra Freire Riande e defendida polo letrado Antonio J. Romero Costas, contra Persimar 2006, S.L., José Antonio López Piñeiro e María Milagros Martínez Carballo, en situación procesual de rebeldía, ditou, no nome do Rei, a seguinte resolución:

Que, estimando a demanda presentada pola procuradora Alejandra Freire Riande, en nome e representación de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, contra Persimar 2006, S.L., José Antonio López Piñeiro e María Milagros Martínez Carballo, en situación procesual de rebeldía, debo condenar solidariamente os demandados a lle pagar á demandante a cantidade de 20.852,68 euros, co xuro do 18% anual sobre o principal, isto é, sobre a cantidade de 18.602,52 euros desde a data do peche da conta, o día 2 de febreiro de 2010, ata a desta sentenza e, desde ese momento, o xuro do artigo 576 da LAC».

As custas procesuais impóñenselle á parte demandada.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de José Antonio López Piñeiro e María Milagros Martínez Carballo e Persimar 2006, S.L., expídese esta cédula para que lles sirva de notificación da sentenza.

Pontevedra, 24 de agosto de 2011.

O/A secretario/a
Rubricado