Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de limpeza no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Aulas de Formación Pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, n.º 5-2.º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 54 49 90-981 54 40 46.

5) Telefax: 981 54 40 47.

6) Correo electrónico: manuela.rodriguez.perez@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17011

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2011-14-607.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza para os centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Aulas de Formación Pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro e o complementario de lavandería da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de prescricións técnicas particulares (PPTP).

e) Prazo de execución: estenderase desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2012.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPA (referencia de nomenclatura): 81.2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: un único criterio, o prezo.

4. Valor estimado do contrato: 158.584,75 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto total: 158.584,75 euros. Importe total: 187.130,01 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: quedan acreditadas pola clasificación.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará aos oito (8) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: en papel.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura sobre B en acto público.

b) Dirección: Consellaría do Mar. Edificio administrativo San Caetano, 5-2.º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 1. c) 7) deste anuncio.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Mar