Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social RL 2011/0303-4.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderá exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, todo isto ao abeiro do establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Expediente n.º: RL 2011/0303-4.

Acta n.º: I362011000078633.

Empresa: Vivendas Comunitarias Galiza, S.L.

NIF: B-36969103.

Enderezo: estrada Canido 89, Vigo.

Materia: obstrución.

Proposta de sanción: 6.250 euros.

Documentos que figuran no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (20.10.2011).

Vigo, 22 de novembro de 2011.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo