Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2011/247-1 e dous máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL 2011/247-1.

Acta inf. n.º: I152011000046565 (I-II-III).

Empresa: Técnicas del Aluminio del Noroeste, S.L. (I).

NIF: B70161815.

Enderezo: rúa Tierno Galván 32, 15185 Cerceda.

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente laboral).

Normativa infrinxida: Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; Lei 31/1995, do 8 de novembro; Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, e Real decreto 2177/2004, do 12 de novembro.

Tipificación: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao medio).

Segundo o artigo 42.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, apréciase responsabilidade solidaria de Artesanos del Aluminio de Santiago, S.L. (II), e Construcciones Iglesias Mera, S.L. (III).

Data da resolución: 23.9.2011.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción contra Técnicas del Aluminio del Noroeste, S.L. (I), Artesanos del Aluminio de Santiago, S.L. (II), e Construcciones Iglesias Mera, S.L. (III).

Expediente n.º: RL 2011/356-1.

Acta inf. n.º: I152011000076271.

Empresa: Contratas y Cubiertas Estrada, S.L.

NIF: B15577760.

Enderezo: rúa da Senra 8, 2.º, porta 3, 15702 Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene (risco grave de caída e manexo de guindastre torre automontante por persoal non cualificado).

Normativa infrinxida: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; Lei 31/1995, do 8 de novembro; Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, e Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, en conexión co Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro, e o Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dúas faltas graves en grao mínimo por importe de 2.046 euros cada unha.

Data da resolución: 30.9.2011.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Contratas y Cubiertas Estrada, S.L., unha sanción por importe de catro mil noventa e dous euros (4.092 euros).

Expediente n.º: RL2011/424-1.

Acta inf. n.º: I152011000045151.

Empresa: F.L. Balyan 57, S.L.

NIF: B20909032.

Enderezo: rúa Cristóbal Balenciaga 40, Donostia-San Sebastián.

Materia: seguridade e hixiene (falta de avaliación de riscos e planificación actividade preventiva).

Normativa infrinxida: Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Falta grave en grao mínimo.

Data da resolución: 15.9.2011.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa F.L. Balyan 57, S.L., unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 euros).

A Coruña, 23 de novembro de 2011.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña