Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Translar, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro de cooperativas de Galicia e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Translar, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 24 de setembro de 2011, no Rexistro Central de Cooperativas. O seu novo domicilio social é rúa José Manuel Ferreira Penedo, número 5 baixo, concello da Laracha, provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais