Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2009/286-1 e RL 2011/235-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día siguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL 2009/286-1.

Acta inf. n.º: I152009000050954 (I-II-III).

Empresa: Emasil, Estructuras y Constr., S.A. (II).

NIF: A84813005.

Enderezo: rúa Marie Curie 5, edificio Alfa, oficina B-1, 28521 Rivas Vaciamadrid (Madrid).

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente laboral).

Normativa infrinxida: Real decreto 773/1997, do 30 de maio; e Real decreto lexislativo 31/1995, do 8 de novembro.

Segundo o artigo 43.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, aprécisase responsabilidade solidaria de JLMF Construçoes Unipessoal Lda. (I) e UTE As Cancelas (III).

Tipificación: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao medio).

Data da resolución: 15.10.2011.

Resolución: anular a acta de infracción contra JLMF Construçoes Unipessoal Lda. (I), Emasil, Estructuras y Constr., S.A. (II) e UTE As Cancelas (III).

Expediente n.º: RL 2011/235-1.

Acta inf. n.º: I152011000061420.

Empresa: Hostelga, S.L.

NIF: B70231097.

Enderezo: avenida Novo Mesoiro 32 8.º D, 15190 A Coruña.

Materia: traballo (complemento de nocturnidade).

Normativa infrinxida: Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao máximo).

Proposta de sanción: 4.000 €.

Data da resolución: 18.10.2011.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Hostelga, S.L. unha sanción por importe de catro mil euros (4.000 €).

A Coruña, 22 de novembro de 2011.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña