Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 158/2011).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. A Picota-O Campo da Feira.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión (L.M.T.S.) a 20 kV, que substitúe o tramo aéreo existente entre os apoios n.º 40 e 53 da L.M.T.A. SME-802 A Picota-O Campo da Feira, cunha lonxitude total de liña subterránea de 0,963 km, con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio final de liña n.º 40, existente na L.M.T.A. A Picota-O Campo da Feira, e final en paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio final da liña n.º 53 existente na mesma liña, recollido no recuamento da L.M.T. Meirama (expediente IN407A 2007/235), tras realizar a entrada e saída nas celas que se van instalar no novo C.T. A Picota proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, que substituirá o C.T. de obra civil existente (expediente 52149).

Rede de baixa tensión (RBT) subterránea, cunha lonxitude total de 0,030 km, con orixe nas dúas saídas de baixa tensión do CT proxectado e final na rede aérea existente, con condutor tipo XZ1-0,6/1 kV 4(1×240) mm² Al. Concello de Cerceda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de novembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial