Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (IN407A 2011/321-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Ministerio de Defensa.

Enderezo social: Santo Domingo, 18, 15001 A Coruña.

Denominación: variante liña M.T. alimentación fábrica de armas.

Situación: lg. Martinete, As Rañas, A Coruña.

Descricións técnicas: variante do trazado da liña de M.T. de alimentación á fábrica de armas (Santa Bárbara Sitemas, S.A.) no tramo comprendido entre os apoios n.º 24 e 29, cunha lonxitude de 370 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, praza Luís Seoane s/n, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 2 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas